Formación: Conéctate con cabeza. Prevención da violencia de xénero dixital
Vivimos nunha sociedade hiperdixitalizada na que o uso de internet e das novas tecnoloxías xa forman parte do noso día a día. Por iso, igual que sucede con outros aspectos da vida, a sexualidade pasou a estar moi presente nas redes sociais, nas webs que visitamos e tamén nos nosos móbiles.
Desfrutar da nosa sexualidade a través de internet converteuse nun acto habitual. Tanto, que o acto de producir e compartir contidos sexuais ou eróticos a través de internet xa ten un nome: sexting. Unha práctica sexual que se desenvolve sobre todo a través do móbil e que se leva a cabo tanto por persoas mozas como adultas.
Con este curso queremos partillar contigo reflexións e ferramentas para que poidamos construír unha vivencia positiva da sexualidade empregando as novas tecnoloxías e ao mesmo tempo previr a violencia de xénero dixital.
- Data: luns 13 de marzo de 10:30 a 14:30 h.
- Modalidade: Presencial, na Casa Xohana Torres, Santiago de Compostela. Como chegar.
- Persoas destinatarias: Colexiadas/os e amigas/os do Ceesg.
- Inscrición: na web do Ceesg, apartado formación. Por orde de inscrición.
- Cota matrícula: gratuíta.
- Data límite de inscrición: 9/3/23.
Ver información detallada do curso.
IMPORTANTE: A non asistencia/participación en formacións de carácter gratuíto (sen xustificar debidamente) será penalizada de xeito que na seguinte convocatoria do mesmo curso só se admitirá a inscrición no caso de que sobren prazas, figurando nos últimos postos da lista de agarda.
Esta medida pretende facilitar o acceso ás colexiadas que teñan interese real na formación, optimizar a organización e evitar o desaproveitamento deste tipo de actividades formativas.