Presentación do libro 'La mirada horizontal'

28 - 06 - 2023

Moi pronto teremos ocasión de escoitar a David Vázquez, educador social, psicopedagogo e dinamizador sociocultural, presentando o seu libro ‘La mirada horizontal. Historias sin hogar de un educador social’.

O Ceesg, a Universidade de Santiago, o grupo SEPA da USC, e a Universidade da Coruña, organizamos sendas presentacións en Santiago e A Coruña, que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro respectivamente.

David Vázquez, co seu libro La mirada horizontal, invítanos á reflexión e ao diálogo facendo falar á experiencia a través de relatos e historias de educación social vividas en primeira persoa en diferentes ámbitos de intervención e cun mesmo denominador común: a exclusión. Comparte dúbidas, dilemas, acertos e fracasos en situacións profesionalmente emocionantes que só pasan traballando neste sector. Unhas inquedanzas, en definitiva, que responden á necesidade vital de escribir e de dar visibilidade á profesión de educar e ao desexo de transformar.

Lugares e datas das presentacións:

  • SANTIAGO: Mércores 30 de novembro ás 11:30 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (Campus Vida)
  • A CORUÑA: Xoves 1 de decembro ás 11:30 h. no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (Campus de Elviña)