Enquisa sobre actividades formativas do Ceesg
Queda pouco para rematar 2022, e toca avaliar o ano que remata para preparar o ano que entra.
No referente ás formacións, cursos e obradoiros que o Ceesg pon a disposición das súas colexiadas e colexiados é moi importante para nós coñecer o grao de satisfacción das/os participantes así como a opinión, suxestións e propostas de cara a configurar unha oferta formativa atractiva, de calidade e, sobre todo, útil de cara ao 2023.
Dende o Ceesg queremos poñer o foco en dous eixos. Por un lado a adquisición de novas ferramentas de traballo que actualicen e perfeccionen as habilidades na práctica laboral diaria e por outro abrir novas portas no mercado laboral para as educadoras e educadores sociais en procura de emprego.
Para enfocar do xeito máis acertado a planificación formativa cara o ano 2023, pregámosche que nos axudes enviando a túa opinión no seguinte cuestionario. Só che levará un momento e para nós resulta información moi valiosa.
Ir ao formulario.
Grazas por axudarnos a mellorar, entre todas e todos facemos da Educación Social unha profesión máis forte e visible.