25N, Día Internacional contra a Violencia Machista
O Ceesg súmase un ano máis á campaña ‘En negro contra as violencias’, que busca sensibilizar á poboación en contra das violencias machistas e a favor da igualdade tinguindo de loito os nosos espazos.
Só un día do ano é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, pero a violencia machista segue todos os días, forma parte do sistema. Destapémola, sinalémola, denunciémola, loitemos contra o machismo. Poñamos permanentemente os lentes violeta, que nos sitúen contra calquera violencia exercida contra as mulleres, como os discursos machistas e revictimizadores e a violencia política que estamos vendo nestes días.
Animámosvos a saír hoxe ás rúas, participando das mobilizacións que están previstas nas cidades e vilas de toda Galicia. Aquí podes ver as convocatorias.