Os Bolechas visitan o Ceesg
Unha nova guía ‘Os Bolechas’ conta ás nenas e nenos a que se dedican as educadoras e educadores sociais.
 Esta publicación busca visibilizar a profesión e achegar un instrumento que facilite a explicación ás crianzas do papel que temos como profesionais.
 ‘Os Bolechas’ visitan o Ceesg, e alí explícanlle que é a Educación Social, con quen traballan as educadoras e educadores sociais, en que ámbitos, con que obxectivos, e tamén como teñen que facer para ser educadoras/es sociais.
O libro estará dispoñible proximamente, pero xa se pode facer a reserva a través da web. 
 O prezo é de 7€. 
 Poderá recollerse na sede do Ceesg, en eventos presenciais organizados polo colexio, e tamén intentaremos facilitar a distribución noutras localidades de Galicia.