Novo número da revista RES. VIII Congreso de Educación Social

28 - 06 - 2023

Está dispoñible o novo número da Revista RES, Revista de Educación Social: Número 35. Monográfico: VIII Congreso de Educación Social. Registro, memoria y palabra.

ENLACE AO NÚMERO 35 DA REVISTA RES

ENLACE Á EDICIÓN EN PDF

“Os Congresos supuxeron ao longo da historia da profesión escenarios de reflexión, diálogo e estudo da práctica da Educación Social. O VIII Congreso Estatal de Educación Social, organizado polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) en colaboración con los colegios de los territorios de: Madrid, Canarias, Castela-A Mancha, Castela e León, País Vasco, Valencia, Murcia e Sevilla, baixo o lema ‘Dignidade e Dereitos’, vertebrouse en dous eixos principais: A dignidade das persoas, dos/as profesionais e o dereito á Educación Social e A acción socioeducativa como acción transformadora.
Partindo desta primeira reflexión, o lema xeral integraba catro conceptos que se consideraron prioritarios: Compromiso, Dereitos, Transformación e Dignidade, incidindo na acción transformadora da educación social nos diferentes contextos socioeducativos e na necesidade da cooperación entre o académico e a práctica da acción socioeducativa e comunitaria.
A celebración do VIII Congreso de Educación Social ‘Educación Social, dignidade e dereitos en tempos de pandemia’ viuse afectada polos escenarios que vivimos nos dous últimos anos, dominados pola pandemia da Covid19. Co esforzo colectivo de todas as organizacións de profesionais da Educación Social do estado español, púidose realizar durante esta primavera pasada, a de 2022, cun formato innovador, híbrido, coral, en nove xornadas, cada unha en diferente lugar da xeografía española, entre os días 31 de marzo e 2 de xuño. Este formato mostrouse como moi esperanzador e posible modelo a replicar en futuros eventos.
Nos números 33 e 34 da revista RES xa se deu saída ás contribucións do congreso. E neste número 35, recóllese o que de ‘palabra’ e de ‘imaxe’ significou este encontro. Facilítánse así os relatorios, os resumos, os vídeos dos actos, etc., que alí se xeraron, ofrecendo a posibilidade de que o colectivo da Educación Social comparta o seu camiñar xuntos nesa reflexión que sempre significa un congreso, desde esta xanela aberta ao mundo que segue sendo RES Revista de Educación Social”.

O próximo número da revista RES, o 36, terá por título ‘Los retos de la Educación Social en los próximos años’ e poderase colaborar enviando artigos ata o 15 de abril de 2023.