Próximo número da revista Res: retos da Educación Social

28 - 06 - 2023

Xa se poden enviar propostas de artigos para a publicación na Revista RES, nº 36, monográfico ‘Los retos de la Educación Social en los próximos años’. Así nos presentan este próximo número:

Vivimos tempos nos que, como dicía Paulo Freire, a única certeza é a da incerteza. A guerra nas nosas latitudes, como escenario que criamos superado, colocounos ante a evidencia dunha crise ecolóxica e social global.

Queremos abordar como tema central do número 36, os retos da educación social, recoñecendo as múltiples achegas que a profesión fixo e pode realizar para analizar, comprender e transformar a realidade e as súas desigualdades.

Urxe ir reencontrando sentidos e abrindo novos debates tras o longo período de pandemia durante o que socialmente ocorreron cambios e emerxeron novas vulnerabilidades. En pleno desmantelamento do Estado do benestar, a Educación Social emerxe como un dereito e unha loita orientada a que se produza un cambio na calidade de vida das persoas, desde o respecto e a alteridade, desde o social e o comunitario e desde o político e o ético. O obxectivo é propiciar un espazo de reflexión e de encontro disciplinario que recolla o coñecemento, as aprendizaxes e a experiencia acumulada, poñendo en diálogo os aspectos teóricos e empíricos que acompañan o traballo práctico e profesional socioeducativo.

Poden enviarse artigos para este número antes do 15 de abril de 2023.
Recordamos que tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, na que se recollen outros temas interesantes aínda que fóra do tema central do número, así como ás seccións de actualidade e reseñas.

Ver presentación do vindeiro número na web da Revista RES
(nesta páxina tamén podedes atopar enlaces con orientacións sobre as colaboracións, autorización de artigos e criterios de publicación)