Formación: Protección de datos persoais no desempeño profesional da Educación Social

28 - 06 - 2023

As Educadoras e Educadores Sociais acompañan a moitísimos colectivos, especialmente os máis vulnerables. Nese labor de acompañamento as educadoras necesitan afondar en problemáticas complexas nas que se traballa con datos persoais das persoas e colectivos aos que se acompaña.

O tratamento da información e como garantir a súa custodia e bo uso son elementos fundamentais para que unha intervención educativa sexa exitosa e acorde co código deontolóxico das Educadoras e Educadores Sociais.
É esta razón que o Ceesg oferta este obradoiro en liña para que as colexiadas e colexiados poidan resolver as súas dúbidas con respecto a Lei Orgánica de Protección de Datos e como afecta ésta ao seu desempeño profesional.
¿Que é un dato de carácter persoal?, ¿Quen é o responsable do tratamento de datos?, lexitimación para o tratamento de datos, deber de segredo, supresión de datos, tratamento de datos e menores de idade, etc.
Neste obradoiro poderás resolver as túas dúbidas así como traballar con casos prácticos.
Impartido por persoal do servizo xurídico do Colexio.

Docente: Cecilia Barros Díaz (Avogada Ceesg)
Datas: Xoves 23 de marzo
Duración do curso: Obradoiro de 2h de 16:30 a 18:30h
Contidos: Módulo en protección de datos
Modalidade: En Liña
Inscrición: Na web do Cessg
Cota matrícula: Gratis
Data límite inscricións: 17/03/2023

Ir ao formulario de inscricións