Formación: Móvete polos teus dereitos: sensibilización e empoderamento no marco dos dereitos sexuais e reprodutivos
Os dereitos sexuais e reprodutivos son dereitos humanos fundamentais recollidos nos tratados internacionais da Conferencia de Poboación e Desenvolvemento en 1994 e a Conferencia Mundial sobre as Mulleres en 1995. Ademais, son acordos subscritos polo goberno español para o seu desenvolvemento e cumprimento. A todos os dereitos sonlles aplicables os seguintes principios:
- UNIVERSALIDADE. Todas as persoas, sen discriminación algunha, temos dereito a gozar deles.
- INALIENABILIDADE. Ninguén pode renunciar aos seus dereitos, pero para poder defendelos, é preciso que os coñezamos.
- INTERDEPENDENCIA. Aínda que cada un ten un percorrido propio, todos están estreitamente relacionados.
Contidos: marco dos dereitos sexuais e reprodutivos, a situación dos dereitos sexuais e reprodutivos no mundo e no Estado español, activismo no marco dos dereitos sexuais, metodoloxías clásicas de activismo e “artivismo”, desenvolvemento de un proxecto práctico de sensibilización sobre dereitos sexuais e reprodutivos.
Data: Luns 17 e 24 de abril de 10:30h a 14:30h.
Duración do curso: 8h presenciais + 14h de dedicación persoal e tarefas (certificado 20h)
Modalidade: Presencial na Casa Xohana Torres en Compostela (ver ubicación)
Destinatarios: Colexiadas e amigas/os do Ceesg.
Cota matrícula: Gratuíto.
Data límite inscricións: Xoves 13 de abril 2023.
Importante: A non asistencia/participación en formacións de carácter gratuíto (sen xustificar debidamente) será penalizada de xeito que na seguinte convocatoria do mesmo curso só se admitirá a inscrición no caso de que sobren prazas, figurando nos últimos postos da lista de agarda. Esta medida pretende facilitar o acceso ás colexiadas que teñan interese real na formación, optimizar a organización e evitar o desaproveitamento deste tipo de actividades formativas.
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO