Investigación sobre a diversidade cultural como campo da Educación Social

28 - 06 - 2023

Compartimos un cuestionario que forma parte dun proxecto de Tese Doutoral en curso que estuda a diversidade cultural como campo de profesionalización na educación social.
Coa recollida destes datos preténdese coñecer a percepción e interese sobre a diversidade cultural como ámbito profesional do/a educador/a social, a medida en que se presenta no exercicio da profesión e o grao de adquisición de competencias interculturais, así como as aprendizaxes sobre atención socioeducativa á diversidade cultural que se ten acadado na formación inicial e continua e as melloras formativas que se poderían introducir nesta liña. Animamos a todo o colectivo colexial a cubrir este cuestionario, que contribuirá ao enriquecemento dunha investigación que ten como marco a profesión e de Educación Social.

Ir ao cuestionario