Proposta de actividades: Os Bolechas e a Educación Social
Os Bolechas xa non teñen dúbidas sobre o que é a Educación Social, e así nolo contan no seu libro-guía ‘A Educación Social’, unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Como novidade, acompañamos este libro cunha proposta de actividades que, partindo deste libro, nos achega ideas para traballar coas crianzas sobre o que é a Educación social e para comprender mellor e sensibilizar sobre os contextos nos que se desenvolve a nosa profesión.
Se tamén queres facer uso do libro para explicar cal é o teu papel profesional, e así facer da EducaciónSocial unha profesión máis recoñecible na sociedade, non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.
A proposta de actividades enviarase en pdf ás persoas que merquen o libro ‘A educación social’ de Os Bolechas, e proximamente estará dispoñible na área privada da web do Ceesg (acceso exclusivo a colexiadas/os)