Formación: Achegamento á Saúde Mental dende a Educación Social

28 - 06 - 2023

No desempeño profesional da Educadora/or Social é habitual atoparse con situacións complexas e de difícil manexo. En moitos dos ámbitos de actuación, a nosa intervención adoita estar dirixida aos colectivos especialmente vulnerables, nos que a súa vida está condicionada en certa medida por eventos traumáticos.
Entender as condutas presentes da persoa desde as experiencias vividas do pasado, permite ao profesional ter unha nova visión sobre o que sucede. É por iso que ter información sobre saúde emocional e trauma é de especial importancia para facer unha intervención de calidade dentro do contexto social.
Ter información básica sobre o funcionamento do cerebro, sobre regulación emocional e sobre apego e trauma debería ser importante na formación de calquera profesional cuxa intervención sexa por e para as persoas.

DATAS:
5 e 6 maio + 12 e 13 maio

HORARIO:
Venres de 16:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

MODALIDADE:
Presencial

LUGAR:
Sede do Ceesg, Santiago de Compostela.
(Se o número de inscricións superase a capacidade do local buscaremos alternativa nas proximidades)

DURACIÓN:
25 horas de formación en dous bloques de venres tarde e sábado todo o día.

CONTIDOS: 5 módulos:
· Desenvolvemento cerebral
· Apego e regulación emocional
· Trauma
· Mecanismos de defensa
· O manexo da contratransferencia na intervención.

MATRÍCULA:
· Colexiadas e Amigas Ceesg: 50 €
· Non colexiadas/os: 100€

Formulario de inscricións (prazo de inscricións pechado)

Data límite de inscricións: 2 de maio

DOCENTE:
Raquel Fernández Domínguez. Educadora social colexiada nº 5401.


Ver información detallada do curso