Comunicado do Ceesg con motivo do Día Internacional contra o acoso escolar (2 de maio)

28 - 06 - 2023

No Día Internacional contra o acoso escolar, dende o Ceesg queremos sumarnos á chamada de atención sobre a necesidade de abordar e poñerlle fin a este problema.

O avance en canto á percepción social deste problema é evidente, xa que existe cada vez unha maior sensibilización. Mais é unha necesidade imperante que as autoridades educativas afronten a situación con estratexias que garantan que as escolas sexan un espazo de seguridade e confianza para todos os nenos, nenas e adolescentes.

Atender o factor social dende as escolas, incorporando un enfoque de educación integral , pode ser a chave para atallar este problema. A prevención, a detección e intervención inmediata, o apoio a vítimas e agresores, a resolución pacífica de conflitos, o fortalecemento de habilidades sociais e emocionais, a mellora da comunicación… son cuestións que deben ser reforzadas para a creación dun ambiente escolar inclusivo, respectuoso e seguro. O Ceesg propón como estratexia a incorporación de profesionais de educación social, como axente de atención á dimensión social da escola, e como figura de referencia e confianza para as crianzas.

Dende o Ceesg esiximos un compromiso forte por parte das autoridades educativas, e ofrecémonos no que estea na nosa man, para construír un futuro sen acoso escolar.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia