FormaSOS, Creando alianzas antirracistas a través da formación
Presentamos unha nova proposta de traballo plantexada pola Federación de SOS Racismo e organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). Ten como obxectivo contribuir á mellora da atención ás persoas migrantes, persoas racializadas e pertencentes a minorías a través da formación de profesionais do ámbito da intervención social, a administración pública, operadores xurídicos e academia.
O curso está dirixido a colexiadas/os do Ceesg, amigas/os do Ceesg ou educadoras/es sociais colexiadas/os noutros territorios. Desenvolverase en dúas sesións, estruturándose en dous módulos de 3 horas de duración, cunha avaliación final.
A metodoloxía formativa combina a formación presencial e o traballo a distancia, acadando unha duración lectiva total de 30 horas. Ademais dos certificados de asistencia, facilitarase material de consulta.
Estes son algúns dos contidos que veremos neste curso:
- Ferramentas para loitar contra o racismo, delitos de odio e discriminación racistas.
- Discurso do Odio racista Que é? Como recoñecelo?
- Cambiemos de marco. De narrativas opresoras a transformadoras.
- Nova Lei 15/2022, de 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación Racismo; Xenofobia, discriminación e Odio: Como defender ás vítimas?
Datas: 1 e 8 de xuño.
Horario: 9:30 a 12:30 h.
Lugar: Casa das Asociacións de Cornes (Santiago de Compostela)
Inscrición: gratuíta, previa inscrición (ata o 25 de maio).
Prazas limitadas.