Xornadas sobre a ética na acción socioeducativa
A ética é un elemento central no exercicio profesional da Educación Social, pois esta profesión ten unha importante carga de valores. As e os profesionais debemos ter unha visión crítica co noso entorno e co noso propio traballo e asumir a reflexión ética como unha constante.
A orientación deontolóxica no exercicio da profesión proporciónanola o Código Deontolóxico da Educadora e o Educador Social, como marco mínimo de referencia.
As xornadas consistirán nunha ponencia do Dr. Jesús Vilar Martín, diplomado en maxisterio e doutor en pedagoxía pola Universidade de Barcelona.
Seguidamente establecerase un espazo de diálogo e debate co ponente para, entre todas e todos, buscar solucións aos retos plantexados na parte anterior da exposición.
O sábado disporemos unha mesa redonda con entidades do terceiro sector para debatir a cerca da importancia da ética na acción socioeducativa moderada pola comisión ética do Ceesg que fará unha exposición da revisión do código deontolóxico que están a desenvolver.
Datas: 26 e 27 de maio do 2023. De 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h o venres 26 e de 10:00h a 14:00h o sábado 27.
Duración das xornadas: 16 horas de formación certificada en dous bloques de venres todo o día e sábado pola mañá.
Modalidade: Presencial.
Lugar: As xornadas terán lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela
Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña
Persoas destinatarias: Profesionais da Educación Social e estudantes de Educación Social.
Cota de matriculación: 10€
Ingreso na conta de Banco Sabadell ES41–0081-0499-6100-0104–6708
Data límite inscricións: 23 de maio.
Sobre Jesús Vilar
A traxectoria de Jesús Vilar no eido da Pedagoxía Social é amplo. Comeza a súa formación diplomándose en Maxisterio e realiza o doutoramento en Pedagoxía. A súa experiencia profesional comeza como mestre e, posteriormente, educador social con nenos en situación de risco social e mozos infractores. Dende o ano 1994 é profesor da Facultat d’Educació Social i Treball Social Pere Tarrés da Universitat Ramon Llull, onde ademais é director de publicacións. A ética aplicada á acción socioeducativa é unha das súas liñas de traballo dende hai anos, contando con innumerables publicacións sobre o tema que o converten nun referente neste eido.
Perfil de Jesús Vilar en Academia.edu