Estudo sobre a situación da Educación Social en Galicia
As tres universidades galegas e o Ceesg traballamos actualmente nun estudo diagnóstico sobre a situación das/os profesionais da Educación Social en Galicia.
Este estudo permitirá coñecer o labor das educadoras e educadores sociais nos diferentes ámbitos de actuación, así como indagar nas principais preocupacións, demandas, necesidades e propostas de futuro da profesión.
A información recollida neste estudo será de gran relevancia para orientar as accións do Ceesg e os planos de estudo das universidades, en consonancia coas necesidades que se detecten.
Para responder ao cuestionario, debes estar exercendo ou ter exercido en algún momento dos últimos 5 anos funcións de educador/a social.
A túa opinión é fundamental. Convidámoste a participar de maneira anónima e así colaborar no avance da profesión.