Aberto o prazo de inscricións para o Xurés 2023
Xa se pode formalizar a inscrición na II Convivencia profesional e interuniversitaria de Educación Social.
A Educación social será a protagonista, pero é un evento aberto a calquera persoa que queira participar. Amigas/os, parellas, familia... son tamén benvidas!
Haberá formación, música, cultura, feira de entidades, presentacións... un espazo no que conectar con profesionais, profesorado e estudantado de diferentes lugares, ao tempo que nos formamos e disfrutamos de actividades de lecer nun fermoso entorno natural.
Recordamos que a inscrición nas diferentes opcións formativas será por orde de inscrición.
Aquí podes informarte de todo o que inclúe a inscrición, prezos, prazos, enlace para anotarte, e todos os detalles sobre a convivencia.
A convivencia dará comezo o venres 29 de setembro pola tarde, e continuará durante toda a fin de semana, rematando o domingo 1 de outubro despois de xantar. Esperámovos!