Nova formación gratuíta: Mediación Familiar
27 - 07 - 2023
A mediación familiar é un instrumento eficaz para a resolución dos conflitos familiares.
UNAF ofrécenos unha formación en forma de obradoiro en liña a través do cal nos achegará á mediación familiar como método de intervención con familias que afrontan unha situación de separación, divorcio ou cese da convivencia.
Esta formación é gratuíta, con inscrición previa. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, e pode anotarse calquera persoa colexiada no Ceesg ou en algún colexio adscrito ao CGCEES.
Data: 21 de setembro de 2023 de 19:00 a 21:00 h.
Lugar: En liña.