Formación Ceesg: adolescencia vulnerable

27 - 07 - 2023

Curso: Novas realidades na adolescencia vulnerable. Como intervir dende o ámbito socioeducativo.

Existen cambios na concepción da adolescencia, están presentes nas relacións familiares e interpersoais, nos usos da tecnoloxía e polo tanto tamén na expresión do sufrimento. Os e as profesionais da Educación Social vémonos impactadas continuamente por todos estos cambios, polo que é necesario parar a reflexionar sobre eles e repensar os xeitos de intervención socioeducativa con adolescentes.

Este curso proporcionaranos ferramentas útiles para a intervención con adolescentes, daranos a coñecer novas realidades e contextos que afectan ao sufrimento e ao desenvolvemento dos e das adolescentes hoxe en día, e faranos reflexionar sobre a nosa propia práctica socioeducativa.

  • Datas: do 3 ao 31 de outubro. Sesións de videoconferencia os días 4, 14 e 28 de outubro de 10:00 a 13:00 h.

  • Lugar: En liña, a través da aula virtual do Ceesg.
    Duración: 25 horas.

  • Inscrición: A través da web do Ceesg. 50€ para Colexiadas e Amigas do Ceesg, así como de calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES. 80€ para non colexiadas/os.

  • Prazo de inscrición: ata o 25/09/23

Ir á web dos cursos Ceesg