Ceesg e ISCE Douro asinan un convenio de colaboración

27 - 07 - 2023

O Ceesg vén de asinar un convenio de colaboración co Instituto Superior de Ciéncias Educativas do Douro, unha institución de educación superior politécnica que abriu as súas portas en 2015 para responder ás necesidades de educación superior na rexión de Tâmega e Sousa e, máis amplamente, na rexión do Gran Douro. É unha institución dedicada á docencia, orientada á investigación e á prestación de servizos, desenvolvemento a súa actividade nas áreas de Educación e Educación Social, entre outras.

Este acordo abre as portas a que ambas entidades poidamos artellar fórmulas de colaboración no ámbito formativo, divulgador e investigador, para a posta en marcha de actividades e proxectos que sexan de interese mutuo.

Visitar a web do ISCE Douro.