Metodoloxía Design Thinking para a inclusión sociolaboral de mulleres migrantes

27 - 07 - 2023

Desde a Universidade de Vigo están traballando, no marco dun proxecto da UE, no deseño dunha web que inclúe procedementos e ferramentas baseados en metodoloxía creativa Design Thinking. A pretensión é ofrecer a educadores/as do eido social ferramentas e recursos para facilitar a inclusión sociolaboral de mulleres migrantes, que podería ser unha metodoloxía complementaria ao traballo que habitualmente se leva a cabo nestes contextos.
Antes de poñer en práctica as ferramentas incluídas nesta web, precisan a axuda para que o produto final sexa o máis efectivo posible. Por iso, pídennos difusión a profesionais que poidan revisar a información ofrecida na súa web e avaliación posterior a través dun breve cuestionario.
Na seguinte ligazón (https://thinklusion.webs.uvigo.es/) atópase a información da web organizada nos seguintes apartados:

  • Introdución (que achega a metodoloxía e obxectivos do proxecto)

  • Quen somos (información sobre o equipo de traballo e as institucións nas que imos probar a eficacia da proposta)

  • Design Thinking (explica o proceso sistematizado que caracteriza a metodoloxía)

  • Ferramentas (ofrécense diferentes recursos de utilidade para cada unha das fases que compoñen a metodoloxía)

  • Modelos (ofrécense 5 exemplos nos que se exemplifican o procedemento e ferramentas propostas).

Compartimos e convidamos a participar, para que esta ferramenta poida ter en conta o punto de vista das/dos profesionais da Educación Social.

Enlace á web.
Enlace ao cuestionario.