IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cánnabis

27 - 07 - 2023

  • Ourense, do 23 ao 25 de novembro de 2023.

  • A organización ofrece descontos a profesionais colexiados.

O aumento do consumo de cánnabis en Galicia nos últimos anos é un tema preocupante, polo que poñer en común os crecentes coñecementos sobre a prevención, o tratamento ou o control do consumo de cánnabis, ben illado ou en asociación con outras substancias psicoactivas, pode ser de gran utilidade para todas aquelas persoas que na súa actividade laboral ven, directa ou indirectamente, afectadas polo mesmo. Este Congreso pretende facilitar e fomentar a formación e investigación neste tema.

Neste ano, durante os días 23, 24 e 25 de novembro de 2023 celebrarase en Ourense o IV Congreso Internacional de Prevención, Tratamento e Control do Consumo de Cánnabis e os seus Derivados, organizado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, xunto coa Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (PNSD), a Sociedade Científica Española para o Estudo do Alcol, o Alcoholismo e outras Dependencias de Drogas (Socidrogalcohol), a Universidade de Vigo, o Concello de Ourense e a Deputación de Ourense.

Comprácenos comprobar que a Educación Social ten cabida no programa deste congreso que servirá de punto de encontro a profesionais de diferentes disciplinas cun mesmo ámbito de traballo. O Ceesg estará tamén presente como entidade colaboradora e no papel de moderación dunha das mesas redondas.

A organización ofrece cota reducida a profesionais colexiadas.

Ir á web do Congreso