Formación Ceesg: estratexias efectivas e creativas na intervención social con mozos e mozas traumatizados

06 - 09 - 2023

Xornada técnica: Estratexias efectivas e creativas na intervención social con mozos e mozas traumatizados.

Trataremos claves básicas da neurobioloxía do abandono e do trauma e como establecer unha presenza rehabilitadora no día a día dos /as mozos/as. Traballaremos habilidades, estratexias e actitudes para un acompañamento efectivo e respectuoso coa dor destes/a.
  • Data: 20 de outubro de 9:30 a 14:30 h.

  • Lugar: Sede do Ceesg.

  • Duración: 5 horas.

  • Docente: Íñigo Martínez de Mandojana.

  • Inscrición: A través da web do Ceesg. 25€ para Colexiadas e Amigas do Ceesg, así como de calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES. 80€ para non colexiadas/os.

  • Prazo de inscrición: ata o 13/10/23.

Ver detalles da formación na sección Formación do Ceesg