O Colexio de Educación Social pide reunirse coa concelleira de Asuntos Sociais de Ourense

26 - 10 - 2023

Vimos de solicitar unha cita coa Concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Ana Fernández Nieto, para analizar a situación que están atravesando os servizos sociais municipais neste momento.

Dende o Ceesg considérase que son precisos cambios, de cara a avanzar nun modelo de servizos sociais propio do século XXI, que teña capacidade de dar resposta aos retos sociais e que eleven as cotas de benestar da cidadanía.

O Ceesg trasladaralle ao concello de Ourense a importancia de apostar por un modelo de actuación proactivo que incorpore, conforme co que indican as evidencias científicas, os procesos de acompañamento socioeducativo como estratexia para dar unha resposta eficaz ás necesidades das persoas en situación de vulnerabilidade.

Propoñemos que se reforcen as equipas actuais coa incorporación de educadoras sociais, coa intención de garantir a atención especializada, apostando por un sistema deseñado en función de criterios técnico- científicos.