Xornada técnica: A saúde mental dende a perspectiva socioeducativa
A saúde mental non é unicamente a ausencia de trastornos mentais como a esquizofrenia ou a depresión. A saúde mental é, segundo a OMS, un estado de benestar mental que permite ás persoas facer fronte aos momentos de tensións da vida, desenvolver todas as súas habilidades, poder aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade.
Falar de saúde mental era ata moi pouco tempo atrás un tema tabú, unha mostra de debilidade e unha doenza oculta aos ollos da sociedade por medo e descoñecemento pero que, con todo, padecía en maior ou menor grado unha parte moi reseñable desa mesma sociedade.
Hoxe en día a saúde mental comeza a espertar empatía, imprescendible para entender que é parte fundamental da saúde e o benestar que sustenta as nosas capacidades individuais e colectivas para tomar decisións, establecer relacións e dar forma ao mundo no que vivimos.
Esta é unha oportunidade inmellorable para achegarse a coñecer a mirada socioeducativa sobre este tema e coñecer de primeira man opinións expertas e iniciativas de entidades que levan tempo traballando a prol da saúde mental das persoas.
Datos básicos da Xornada:
Data: 14 de decembro de 9:00 a 14:00 h.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Universidade de Santiago.
Inscrición: Gratuíta, previa inscrición.
Ir á web coa información detallada, programa completo e formulario de inscricións.