II Encontro Internacional Educação Social pelo mundo: perspetivas de intervenção
O ISCE-Douro, en colaboración con outras entidades, entre elas o Ceesg, organiza o II Encontro Internacional 'Educação Social pelo mundo. Perspectivas de Intervenção'.
Será o día 1 de marzo en Penafiel (norte de Portugal), coa posibilidade de seguilo vía zoom. O programa contempla intervencións que tocan diversos ámbitos profesionais, que nos permitirán coñecer experiencias de varios países.
A colaboración do Ceesg materializarase coa participación de Deibe Fernández Simo, que falará sobre o acompañamento a adolescentes en situación vulnerable.
A inscricións está aberta ata o 23 de febreiro neste enlace.
Relacionado con isto, dúas investigadoras do ISCE-Douro están recabando datos para unha investigación que pretende precisamente coñecer as perspectivas de intervención a través da experiencia e testemuño das/os profesionais.
Animámoste a colaborar de xeito anónimo respondendo este breve cuestionario.