Formación Ceesg: Detección e actuación contra a violencia sexual á infancia e adolescencia.

12 - 02 - 2024

Curso: Detección e actuación contra a violencia sexual á infancia e adolescencia.


Este curso achegaranos ao modelo Barnahus, un modelo de atención integral que xa se aplica en Estados Unidos e no norte de Europa, onde todos os departamentos que interveñen nun caso de abuso sexual infantil se coordinan e traballan baixo o mesmo teito para atender á vítima

Ademais, a formación serviranos para afondar na LOPIVI como marco de referencia para a prevención, detección e protección; no desenvolvemento afectivo-sexual en nenas, nenos e adolescentes; na violencia na infancia e adolescencia, e nas pautas de actuación ante a sospeita de violencia sexual.

  • Datas: A formación estrutúrase en catro sesións, tres delas en liña e unha presencial:
    Sesións en liña: 3, 10 e 17 de abril de 16:00 a 19:00 h.
    Sesión presencial: 24 de abril de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.

  • Lugar: As sesións en liña emitiranse vía zoom e a sesión presencial será en Santiago de Compostela.

  • Duración: 20 horas.

  • Persoas destinatarias: Educadoras e Educadores Sociais colexiadas/os no Ceesg ou en calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.

  • Inscrición: Gratuíta. Necesaria inscrición previa. Prazas limitadas.

  • Prazo de inscrición: ata o 22 de marzo ou completar prazas.

Ver detalles da formación na sección Formación do Ceesg