Descontos nas formacións de Agintzari

13 - 02 - 2024

Agintzari ofrece descontos nas formacións que imparte, dos que poden beneficiarse colexiadas e colexiados do Ceesg.

Neste semestre, ofrece, entre outros, cursos coma estes:

  • Violencia de xénero e muller migrante.

  • Espazo de supervisión de casos.

  • Balora: instrumento para a valoración da desprotección e o desemparo na infancia e adolescencia.

  • Saúde mental e adolescentes.

  • Fillos e fillas da violencia de xénero.

  • Abuso sexual infantil.

Podes consultar os detalles no apartado 'Formación con desconto'. Tamén alí se irá actualizando e incluíndo as novas formacións que convoquen.