Acordos da Asemblea do Ceesg 2024
O sábado 16 de marzo celebrouse a Asemblea Xeral do Ceesg; o encontro anual ao que estamos convocadas todas as persoas colexiadas para dar conta do traballo realizado no último ano, e decidir sobre o que se levará a cabo no actual.
Nesta asemblea expuxéronse as memorias técnica e económica, así como os plans de traballo e orzamento para 2024. Todos estes documentos foron aprobados por unanimidade das presentes, ao igual que a acta da Asemblea anterior.
Nas próximas semanas remitiremos o borrador de acta ás persoas que asistiron.
Tamén tivemos oportunidade de escoitar a presidentas de períodos anteriores falar dos avances da Educación Social dende a existencia do Ceesg, é dicir, nos últimos 23 anos. Xuntas recordaron os inicios do colexio, as dificultades durante todos estes anos, os logros, o que se sementou anos atrás e do que aínda vemos froitos agora, das iniciativas que aínda perduran. O noso agradecemento a María José Fernández Barreiro, Sofía Riveiro Olveira, Mónica Serrano Sot
Pechamos a sesión cunha breve charla sobre a protección de datos no exercicio da Educación Social, na que se puideron resolver dúbidas frecuentes que se dan no día a día do noso traballo.
Moitas grazas a todas as persoas que se achegaron a participar!