Descontos para o aloxamento no Xurés 2024

31 - 07 - 2024

Actualizouse a páxina do Xurés 2024 para informar dos aloxamentos que ofrecen descontos para participantes na convivencia.

Aloxamentos colaboradores (galego)

Recordamos ademais que existe a posibilidade de durmir gratuítamente no pavillón municipal, que conta con duchas de auga quente. Para quen escolla esta opción, recomendamos saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.

O Xurés 2024 terá lugar do 27 ao 29 de setembro en Lobios. Será unha oportunidade única de formación e de pasar unha fin de semana entre colegas de profesión, onde é benvida calquera persoa que queira achegarse, con actividades para todos os públicos.

Ver información sobre o Xurés 2024