SensiSOS: Formación e sensibilización antirracista para profesionais da Educación Social

12 - 09 - 2024

A formación SensiSOS é unha proposta de traballo formulada pola Federación SOS Racismo que xorde como continuación do programa FormaSOS. Pretende sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións e estereotipos respecto das persoas inmigrantes. Coñeceremos como funciona o racismo, o seu impacto e as formas de abordalo.
Este curso gratuíto está dirixido a educadoras e educadores sociais colexiadas/os, sendo necesaria inscrición previa.

Ver información detallada e formulario de inscrición.