Xornada técnica: prevención da explotación sexual na infancia e adolescencia

12 - 09 - 2024

A ONG Médicos do Mundo está implementando o «I Plan de Inserción Socio Laboral a mujeres y niñas víctimas de trata y explotación sexual y contextos prostitucionales». Nun dos programas que forman este plan enmárcase a formación que ofrece xunto co Ceesg, para a prevención da explotación sexual infantil.

 

Nesta xornada técnica preténdese dotar de ferramentas e capacidades ás educadoras e educadores sociais que interveñen (ou intervirán) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia.

 

A formación terá lugar o vindeiro 4 de outubro na sede do Ceesg (Santiago de Compostela), podendo participar calquera persoa colexiada/o do Ceesg, estudantes de Educación social Amigas/os do Ceesg, así como profesionais colexiadas/os noutro colexio de Educación social do estado.

 

A xornada será conducida por Raquel Álvarez Vázquez, educadora social que desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria profesional no ámbito de protección de menores, en distintos contextos xeográficos e culturais, pero sempre ligada a recursos residencias e á intervención directa. Actualmente exerce diferentes funcións en Médicos do Mundo céntranse na prevención de explotación sexual na infancia e na adolescencia, así como no acompañamento en procesos de empoderamento de mulleres vítimas de trata, explotación sexual e contextos de prostitución.

 

INSCRICIÓN

  • Gratuíta.
  • Exclusiva para colexiadas/os e Amigas/os do Ceesg, ou educadoras/es sociais colexiadas/os noutros territorios.
  • Ata o 1 de outubro.
  • Prazas limitadas.

 

LUGAR, DATA E HORARIOS

Sede do Ceesg (Rúa Lisboa, 20, baixo. Santiago de Compostela) Ver ubicación.

Venres 4 de outubro de 2024.

De 10:00 a 14:00 h.