Curso: aproximación socioeducativa á atención de persoas con problemas relacionados co uso de drogas

01 - 10 - 2024

O uso de drogas e a participación noutras condutas adictivas ten unha importante extensión e afecta de xeito especial ás persoas máis novas. Ademáis, as consecuencias tanto directas como indirectas derivadas do propio consumo/participación poden afectar de xeito importante tanto ás persoas como á súa contorna.

Con este curso tratamos de achegar ás participantes á prevención e atención de persoas con problemas relacionado co uso de sustancias.

O curso será impartido por Blanca Pazos Riveiro e Alfonso Tembrás López, educadoras sociais con experiencia docente e unha ampla traxectoria no eido da atención ás drogodependencias.

 

DATAS:
Xoves 14 de novembro de 15:00 a 19:00 h.
Venres 15 de novembro de 10:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 19:00 h.

MODALIDADE: Semipresencial. 2 sesións presenciais en Compostela (12 h.) 3 actividades para traballar na casa (12 h.)
DURACIÓN: 24 h. de formación certificada.
INSCRICIÓN

  • Colexiadas/os Ceesg: 50€. Non colexiadas/os: 100€.
  • Cota de colexiadas aplicable a estudantes de Educación social 'Amigas/os do Ceesg', e colexiadas de calquera colexio profesional do CGCEES.
  • Inscrición ata 27 de  outubro.

Ver detalles e inscrición