Día Mundial da Saúde Mental

10 - 10 - 2024

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora hoxe 10 de outubro, o CGCEES creou o hashtag #EduSoEsSaludMental para visibilizar nas redes sociais as achegas da Educación Social.


A continuación podes ver o Manifiesto emitido polo CGCEES neste día.


Ver manifesto


Por parte do Ceesg, colaboramos na Xornada sobre saúde mental na infancia e adolescencia, organizada pola Fundación Salma e que contará coa intervención da educadora social colexiada Raquel Fernández Domínguez.

Trátase dunha xornada de asistencia gratuíta sen inscrición previa, na que se falará do impacto da contorna e condutas de risco na saúde mental. Será no Salón de actos da ONCE (A Coruña), esta tarde de 19:30 a 21:30 h.



#EdusoEsSaludMental