Colaboración en investigación
07 - 11 - 2024
Compartimos unha investigación que comeza recentemente sobre o colectivo de educadoras/es sociais en España.
Trátase dun estudo con profesorado da Universidade de Burgos e Extremadura sobre a "preocupación, medo á avaliación negativa, soporte social e percepción da autoeficacia".
A literatura científica sobre o sector da educación social necesita de traballos científicos que afonden nos diferentes aspectos do noso labor. Por iso, as persoas investigadoras agradecen moito a participación a través da cumprimentación deste cuestionario en Google Forms que pode facerse desde o propio smartphone e compartirse tamén:
De antemán grazas pola colaboración.