Próximo cobro de cotas colexiais
03 - 12 - 2024
Na segunda quincena do mes de xaneiro pasarase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao primeiro semestre 2025)
Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, xubilación, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)
Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o 20 de decembro.
A solicitude debe formalizarse exclusivamente a través do portelo único do Ceesg, no trámite 'Solicitude de cota semestral reducida'. Non se admitirán outras formas de presentación.