Educador social en Alaska, 10 anos despois. Coloquio con Sera Sánchez
Sera Sánchez estará en Compostela o vindeiro 16 de decembro, convidado pola Universidade de Santiago, para falar, 10 anos despois da súa primeira edición, do seu libro "Educador social en Alaska"
Este libro conta o día a día dun educador social duns servizos sociais en algún lugar entre Estremadura e Alaska. Historias do día a día que a través de esceas, ás veces cómicas e ás veces tráxicas, nos achega á realidade do papel da educación social e da poboación coa que traballa a diario. Un libro cheo de reflexións que naceu nun blog, e do que derivou unha obra de teatro que xirou por toda España durante meses.
Unha excelente oportunidade para coñecer, da man do autor o que significou esta obra.
O Ceesg estará acompañando este acto aberto ao público en xeral.
Será no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, o día 16 de decembro, ás 12:00 h.