A Xunta de Galicia Mente!

05 - 12 - 2024

Onte día 4 de decembro na sesión plenaria do Parlamento de Galicia o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia fíxose presente na nosa reclamación de exclusividade de acceso para as prazas da Xunta de especialidade en Educación Social a través do deputado do PSdeG-PSOE D. Julio Abalde.

O Ceesg pide que se modifique a Lei de Emprego Público de Galicia, para que estableza como única titulación de acceso á especialidade “Educador/a Social” a do título universitario de Educación Social.

A Xunta de Galicia MENTE:

NON mantén o compromiso do anterior Director Xeral de Función Pública que se comprometeu por escrito a iniciar trámites para a modificación da Lei de Emprego Público a través da Lei de medidas fiscais e administrativas que se tramita a finais de cada ano xunto cos Orzamentos da comunidade autónoma.

Non son 4 as CC.AA. que teñen á Educación Social como titulación única de acceso as prazas da especialidade en Educación Social, son 11.

A actualización da lei non perxudicaría ás persoas con otras titulacións que xa están traballando actualmente meses postos nin afectaría aos procesos de estabilización, só afectaría ás prazas de nova creación.

Din que non o poden facer ao tratarse dunha profesión non regulada pero omiten que hai outras profesións non reguladas que sí teñen exclusividade de acceso ás súas prazas. Polo tanto non hai impedimento algún, pódese facer, só é unha cuestión de vontade política.

O día 9 de decembro as Educadoras e Educadores Sociais de Galicia saímos de novo ás rúas; Saímos de novo ás rúas!
Para reclamar o espazo da Educación Social na Xunta.

👉A lei de medidas continúa en trámite, e seguimos reclamando, individual e colectivamente, que se modifique a especialidade "Educación Social" para que a partir de agora nela só se admita a titulación de Educación Social.

Concentracións na Coruña, Ourense e Compostela, diante das delegacións da Xunta. Súmate para facernos oír!