CIPIES-25. I Congreso Internacional Profesional e Interuniversitario de Educación Social

09 - 12 - 2024

Os días 8 e 9 de maio de 2025 celebrarase en Santiago de Compostela o I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social (CIPIES-25). O Congreso foi organizado de forma conxunta polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) e polas Universidades de Santiago, A Coruña, Vigo e UNED.


Esta primeira edición do CIPIES estará centrada no “Acompañamento socioeducativo e beenestar”, pretendendo ser un espazo de encontro, debate e reflexión científica e profesional. Durante dous días, compartiranse investigacións, experiencias, coñecementos e prácticas innovadoras que contribúan a afondar e facer avanzar nos desafíos da Educación Social.


No marco deste evento, poderanse realizar propostas de Comunicacións e Simposios arredor dos seguintes eixos temáticos: benestar, comunidade e calidade de vida; diversidade e interseccionalidade; educacións críticas e transformadoras; corpo, artes e medios audiovisuais; ámbitos emerxentes. As propostas aceptadas e presentadas no Congreso poderanse postular posteriormente como capítulo de libro, que será publicado pola editorial Octaedro no ano 2026 en formato ebook.


Esperamos contar con ampla participación de colexiadas e colexiados, tanto do Ceesg como doutros territorios.


Visitar a web do CIPIES-25