Día Internacional dos Dereitos Humanos
10 - 12 - 2024
O Día Internacional dos Dereitos Humanos conmemórase cada 10 de decembro, polo aniversario da súa declaración.
O CGCEES, con motivo desta desta efeméride, comparte hoxe un comunicado no que chaman a atención sobre os diferentes escenarios nos que os dereitos humanos non son respectados, con especial incidencia en colectivos como a infancia, as mulleres e nenas, e as persoas desprazadas como consecuencia de conflitos bélicos, sen esquecer a situación medioambiental como un reto esencial para manter unhas condicións de vida sostibles.
Ver comunicado completo do CGCEES
"Educación Social, unha cuestión de Dereitos Humanos"
No mes de outubro, no marco da celebración do Día Internacional da Educación Social, desde o CGCEES lanzouse unha campaña para a posta en valor da Educación Social como defensora activa dos dereitos humanos.
A través de 30 vídeos, persoas vinculadas de algún xeito aos Colexios Profesionais ou ao Consejo deron voz aos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Cada artigo ademais foi interpretado desde a mirada da Educación Social, destacando o papel fundamental do noso labor profesional na protección, promoción e garantía destes dereitos universais.
Esta campaña supuxo unha invitación a reflexionar sobre a importancia destes dereitos e sobre como cada profesional contribúe a facelos realidade.
Convidámoste a revivir e compartir a campaña, que pode verse no perfil de Facebook do CGCEES