Asemblea Ceesg 2025

21 - 04 - 2025

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.

Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 9 de maio e celebrarase de xeito presencial en Santiago de Compostela.

Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria (11/04/25) están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).

A documentación relacionada cos distintos puntos da orde do día irase colgando na web do Ceesg, sección Transparencia.

Enlace á documentación da Asemblea 2025.

  • Data: venres 9 de maio de 2025.
  • Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Santiago de Compostela (ver localización)
  • Inicio: 16:00 (primeira convocatoria), 16:30 (segunda convocatoria)