Acordos da asemblea do Ceesg 2025
O pasado venres 9 de maio tivo lugar a Asemblea Xeral do Ceesg 2025.
As propostas levadas á asemblea foron aprobadas:
Acta da anterior Asemblea (16 de marzo de 2024)
Memorias Técnica e Económica 2024.
Plan de Traballo e Orzamento 2025.
Adaptación das cotas de mantemento semestral do Ceesg, para engadir o Seguro de Responsabilidade Civil Profesional a todas as colexiadas a partir de 2026.
Regulamento do Procedemento Disciplinario do Ceesg.
Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg.
Esta asemblea serviu como acto de clausura do I Congreso Internacional Profesional e Interuniversitario de Educación Social, un evento que reuniu a máis de 250 profesionais e académicos do ámbito da Educación Social, favorecendo o intercambio de coñecementos, experiencias e boas prácticas entre o ámbito profesional e o universitario.
Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.