XXI Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros
Desde o Ceesg temos o pracer de acompañar, un ano máis, as Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, unha iniciativa que xa suma 21 edicións e que é todo un referente en dinamización comunitaria e intervención socioeducativa no rural galego.
Un espazo onde diferentes xeracións se atopan, aprenden e constrúen xuntas, demostrando que o rural é un territorio cheo de vida, posibilidades e aprendizaxes colectivas.
Este ano as citas serán os días 24 e 31 de maio e 7 de xuño, cun programa participativo e pensado para todos os públicos.
Dende o Ceesg celebramos e apoiamos este tipo de proxectos que poñen en valor o traballo sociocomunitario, promovendo espazos inclusivos e de encontro da veciñanza, nos que se fortalece o tecido social e se constrúe comunidade.
Máis información