Chega o Xurés 2025
28 - 05 - 2025
Un ano máis, temos a ledicia de anunciar a celebración da IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social, unha cita xa consolidada no calendario que volverá reunir á comunidade educativa e profesional nun espazo único de encontro, aprendizaxe e celebración.
Coincidindo co Día Internacional da Educación Social, propoñemos unha fin de semana para reflexionar sobre a profesión, compartir experiencias e fortalecer vínculos nun contexto diferente ao do día a día. Todo isto nun marco privilexiado: a Serra do Xurés, onde a natureza, a cultura e a tradición convértense tamén en protagonistas.
Lugar e datas: Lobios, do 26 ao 28 de setembro de 2025.