Desconto no I Foro Alza Voz de Muller: liderado feminino no rural.

28 - 05 - 2025

Os vindeiros 6 e 7 de xuño de 2025, a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá Alza Voz de Muller, un evento que pon no centro o liderado feminino no rural galego. Durante dúas xornadas intensas, desenvolveranse relatorios, dinámicas e mesas de debate arredor de temas clave como o emprendemento, a sustentabilidade, o feminismo interseccional e o desenvolvemento local con perspectiva de xénero.

 

Desconto para colexiadas/os do Ceesg

As persoas colexiadas e precolexiadas no Ceesg contarán cun desconto mínimo do 20%, podendo chegar a ser de balde segundo o número de educadoras/es sociais inscritas. A organización tamén baralla organizar autobuses para o desprazamento dende as localidades que reúnan suficientes participantes.

Consulta a información completa do evento en https://alzavozdemuller.com/

As persoas interesadas en participar, deben contactar directamente coa organización antes de inscribirse, a través de:

antia.cuadrado@vimianzo.gal
981 716 001 Ext. 1217