Curso “Educación social e envellecemento”, gratuíto para colexiadas/os
Como colexio integrante do CGCEES, as colexiadas/os e precolexiadas/os do Ceesg teñen dereito ao desconto para o curso "Educación Social e envellecemento", organizado polo COPESCAN.
Este curso en liña, que se impartirá do 27 de outubro ao 24 de novembro de 2025, consistirá en oito sesións (27 de outubro, e 3, 10, 17 e 24 de novembro), todas en horario de 18:00 a 20:00 h. A relatora será a educadora social Lucía Fernández Coutado.
O prezo diferénciase segundo o colectivo:
-
Colexiados/as (COPESCAN e outros colexios do CGCEES) e figuras complementarias: gratuito, cun depósito de reserva de 20 €. Este importe reembolsase ao finalizar o curso sempre que se asista ao 80 % das sesións.
Estudantes de Educación Social: 20 €
-
Resto de persoas: 40 €.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O prazo de inscrición remata o 10 de outubro de 2025, ás 14:00 h