Dispoñible o libro de resumos do CIPIES-25
03 - 10 - 2025
Coincidindo coa semana na que se celebra o Día Internacional da Educación Social, anunciamos que xa está publicado o libro de resumos coas comunicacións e simposios presentados no I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social (CIPIES-25).
O Comité Organizador agradece a todas as persoas e entidades participantes por contribuír a facer do CIPIES-25 un espazo de encontro, reflexión e construción colectiva arredor da Educación Social.
Acceso ao libro en pdf premendo aquí: [ligazón ao libro]