Invernada de cine de Cabreiros 2025
09 - 10 - 2025
Un ano máis, o CEESG colabora coa Invernada de Cine de Cabreiros!
A Invernada é unha proposta cultural única que enche os seráns de outono en Cabreiros (Xermade). Un espazo de encontro, aprendizaxe compartida e participación comunitaria.
Este ano estarán alí as nosas compañeiras Noelia Rodríguez e Feli González o día 25 de outubro, para a proxección do filme "As Neves". Non vos perdades todas as propostas, que comezan o 18 de outubro e continuarán algúns sábados ata o 20 de decembro, que se pechará cun espazo musical interactivo para crianzas.
Dende o CEESG apoiamos iniciativas que promoven a cultura, a educación social e a vida comunitaria no rural.
Ver folleto da Invernada de cine 2025