Formación con desconto: Curso de Educación Social especializada en contextos de catástrofes e emerxencias
O “1º Curso de Educación Social especializada en contextos de catástrofes e emerxencias” ten como obxectivo dotar ás educadoras e educadores sociais de competencias para actuar de xeito eficaz, ético e profesional en situacións de catástrofe e emerxencias.
Esta formación, organizada polo COEESCV, o CGCEES e a Fundación UNED, aborda de forma global a conceptualización de emerxencias e catástrofes, o funcionamento do sistema de protección civil, a coordinación nas crises e as competencias profesionais necesarias para intervir. Tamén analiza o papel da Educación Social nas diferentes fases dunha emerxencia.
Datos básicos do curso:
Duración: 50 horas
Modalidade: En liña. Posibilidade de seguilo en streaming e/ou posteriormente, clases gravadas.
Datas:
Decembro: 1, 3, 9, 10, 15, 16, 17, 22 y 29.
Xaneiro: 7, 8, 12, 14 y 19.
Xornada de clausura 21 xaneiro 2025. Formato mixto: streaming ou presencial.
Poderán verse as gravacións ata o 15 de febreiro.
Horario: 16.30h a 19.30h.
Prezo:
Colexiadas: 69 €
Non colexiadas: 169 €
Inscricións abertas ata o 15 de decembro.
Na web do COEESCV atoparás a información detallada e o formulario de inscrición. (Enlace)