O CEESG, finalista nos III Premios Mundo Eduso / UNED 2025

05 - 12 - 2025

O CEESG foi seleccionado como finalista nos III Premios Mundo Eduso / UNED 2025, na categoría “Colexio eduso máis activo”, grazas ao éxito do Congreso Internacional CIPIES 2025. Acompáñannos como finalistas o COPESEX e o CEES Aragón.
Esta gala ten como obxectivos, entre outros, poñer en valor actividades sociais, inclusivas e de superación, fomentar unha cultura social e visibilizar a UNED e a Educación Social.
Os premios das diferentes categorías escóllense durante os próximos días por votación en liña aberta.
A información sobre todas as categorías, cos seus/súas finalistas e os motivos da súa elección, poden consultarse no seguinte enlace:
https://premiosmundoeduso2025.blogspot.com/2025/07/finalistas-iii-premios-mundo-eduso-uned.html
Quen queira votar, pode facelo dende aquí: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=SHBYtXCgrUO2VCCjHpstmcRsaYlWig9Oq92UyvLFc31UOVBaOEtUNUhJSjQ3RTlQTEhMTkowSkcyNC4u&route=shorturl